¿Ya tienes una cuenta?Inicia sesión
Florencio
Rústica 48 pp
Información adicional
Gallego (España) · Deputación de Pontevedra
Argumento
A Deputación de Pontevedra, a través dos departamentos de Lingua e Memoria Histórica, presentará este xoves unha banda deseñada (BD) que pretende que a mocidade e o público xeral “descubra e se apaixone” coa biografía de Florencio Delgado Gurriarán, o autor protagonista das Letras Galegas 2022.
A BD foi realizada de maneira coral por alumnado e persoal da escola ‘O Garaxe Hermético’. Foi coordinada por Kiko Dasilva, con Fernando Llor no guión, Fernando Iglesias na rotulación de textos, e Zaida Novoa, Pablo Prado, Miriam Iglesias, Damián Gómez, Eli García, Jorge Fernández, Chano Ripio, Iria Aldegunde, Antonio Recuna, Miguel Rojo, Fonso Barreiro e Mara Méndez nas ilustracións.
Segundo explica o coordinador Kiko Dasilva, trátase dun libro diferente “que vai chamar a atención” porque fai protagonista do libro autobiográfico á xente moza. De feito, a historia da BD é a de tres rapazas que teñen que afrontar a encarga da súa mestra de realizar un traballo sobre Florencio Delgado Gurriarán. “Primeiro están perdidas e aburridas, dicindo ‘outra vez un traballo de Lingua Galega para as Letras Galegas’, pero despois descobren e apaixónanse sobre a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán¸ descubrindo unha persoa comprometida coa terra e que incluso participou nas guerrillas, un poeta e un loitador antifascista comprometido coa República e co galeguismo”, afirma Dasilva.
Ver más
Fecha de publicación
12 de mayo de 2022
El contenido de esta página se encuentra bajo licencia Creative Commons 4.0 Compartir igual, salvo las imágenes de cómics que son propiedad de sus respectivos autores y editores. Renunciamos al derecho de atribución. Más info.

miriamchurches ha valorado520/09/2023