Argumento
Velaquí a historia dunha nai de hoxe en día, con dous fillos pequechos ("quererás dicir: unha filla e un fillo"), sen axuda para atendelos ("outra vez sen asistenta!") e unha empresa que trata de sobreporse á crise.
A vida non está feita para combinar estes dous factores: nenos e pemes, así que estas 63 páxinas se desenvolven entre a tolemia duns pais mergullados nun mundo laboral tremendamente complexo, e a ledicia de Estela e Teo, que coa súa inocencia fan que todo cambie en cuestión de segundos.
O talento gráfico de Marcos e Castelli posto ao servicio dunha historia que podería ser a de calquera, pero aquí contada coa mirada, á vez incisiva e tenra, da súa protagonista