¿Ya tienes una cuenta?Inicia sesión
O Reiciño de Galiza
Rústica 52 pp
Información adicional
Gallego (España) · Demo Editorial
Argumento
Esta obra obtivo o PREMIO DEPUTACIÓN DA CORUÑA a proxectos sobre o Reino de Galicia 2022.
Nunha Galiza en tensión por manterse como reino independente, sete infantes raptan a Nuno, o primoxénito do rei García II. Un enigmático cabaleiro francés, de nome Roldán, inicia unha aventura de rescate sen freo que deixará como rastro un río de sangue. A traizón a un rei ten un prezo.
Inacio e Iván Suárez adaptan de xeito maxistral esta obra dunha das mellores plumas do romanticismo, Victor Hugo, que fixou a súa mirada no derradeiro rei de Galiza para rimar un relato épico e poético que resulta imperecedoiro e fresco.
Le petit roi de Galice, publicado dentro da obra magna de Hugo La légende des siècles, recupera a tradición medievalista dos autores románticos enxalzando a loita clásica entre o ben e o mal. Unha banda deseñada na categoría de delicatessen.
O proxecto complétase con dúas pezas divulgativas:
GARCÍA DE GALIZA: O fillo da traizón. Curta documental de dous capítulos, dirixida por Manel Cráneo, que analiza os motivos que levaron a Victor Hugo a abordar a figura deste rei fundamental e o feito da traizón e usurpación do seu trono como fito indispensable para entender a historia de Galiza. Estrea o 21 de marzo de 2023 na nosa canle de Youtube.
Unidade didáctica con actividades sobre o tema, que se pode descargar na seguinte ligazón: O REICIÑO UNIDADE DIDÁCTICA
Ver más
Fecha de publicación
2 de abril de 2023
Isbn / Código de barras
Este cómic está en estas listas
El contenido de esta página se encuentra bajo licencia Creative Commons 4.0 Compartir igual, salvo las imágenes de cómics que son propiedad de sus respectivos autores y editores. Renunciamos al derecho de atribución. Más info.

rossovich ha valorado311/07/2024
Boa adaptación do relato de Vitor Hugo, cun debuxo que imita moi ben as iluminacións dos códices medievais. Con todo, hai que avisar que ao estar escrito en verso e hai séculos pode facer que a algúns lectores o atopen pesado.